Inclúe apéndice documental
Kyle acaba de chegar á cidade e encántalle debuxar. Vic é unha animadora popular e un xenio das matemáticas, aínda que o garda en segredo. Beth é unha moza calada, apaixonada da historia. Pola súa banda, Harry é o gracioso do grupo e sempre está a facer trucos de maxia coa axuda do seu paciente colega, Nate.
Cinco mozos que nunca formarían un grupo de forma natural. Pero a casualidade fai que coincidan nun campamento de verán no que ven unha vella película sobre a historia da cidade, Windrose, e do seu cidadán máis ilustre dunha época xa pasada: o intrépido explorador e inventor Henry Merriweather, fundador do Campamento dos Exploradores e creador do seu lema: "Plus ultra" (Máis aló).
Os cinco mozos non tardan en darse conta de que realmente existe algo "máis aló", e non dubidarán en intentar descubrir que é.
5º-6º Primaria
1º-2º ESO